Lectura de “A agonía das folerpas” de Óscar Reboiras Loureiro

libro, lectura

A agonía das folerpas/El caso Salgueiro (edición en galego e castelán) lectura do clube no mes de xaneiro.

A nosa lectura do mes de xaneiro foi o libro que Óscar Reboiras ten publicado en galego e castelán. Algunha das lectoras fixo a lectura en galego e outras en castelán. Na lectura en galego destacan as conversas onde se aprecian expresións moi características da xeografía galega, o que enriquece especialmente esta edición.


Salgueiro presenta un thriller rural ambientado en Galicia, con capítulos cortos, distintos puntos de vista e saltos temporais, o que crea unha lectura lixeira perfecta para todo tipo de persoas lectoras.

Sinopse:

Unha tarde xeada de febreiro, dous obreiros atopan restos humanos baixo a neve en Salgueiro, unha aldea abandonada do Parque Natural do Xurés. O último dos nove cadáveres atopados fora enterrado apenas dúas semanas antes e todos os corpos parecen debuxar unha estrella cun círculo arredor.
O principal xornal local envía a Fina, unha recente licenciada en xornalismo para cubrir o suceso. Ninguén pode acceder á estrada
que sube hacia Salgueiro porque Arturo León, un poderoso empresario sen escrúpulos, está intentando tapar ó descubrimento para que as súas especulacións inmobiliarias non se vexan afectadas. A investigación da xornalista vai destapar a historia duns brutais asasinatos acontecidos na zona durante os anos sesenta. A historia unirá a tres almas solitarias fronte ós abusos de poder e a un misterioso asasino sen identidade.

Un pracer viaxar ata Salgueiro e acompañar a Fina, Elvira, Duarte e o resto de personaxes desta historia que convidamos a todas as persoas lectoras a coñecer. 

O texto ten recibido o Premio de Novela Galicia Rural 2022.

Este mes temos outra lectura na que estamos inmersas: “Morir en la arena” de Leonardo Padura pero eso… será outra lectura para un novo artigo ou unha charla. Súmate ó noso clube.

Detalles do evento

  • Título: A agonía das folerpas
  • Autora: Óscar Reboiras Loureiro
  • Clube lectura Klandestina Libraría. Acompáñanos ós martes á tarde. 

Inscríbete e participa