Igualdade
Igualdade en Klandestina Libraría
Klandestina Libraría pretende ser un espazo no que todas as persoas lectoras atopen itinerarios lectores diversos pero traballamos coa convicción de que é preciso salvar unha débeda histórica coas voces femininas. Dende o noso punto de vista os espazos de difusión deben colaborar coa inclusión de literatura feminista, esencial para que homes e mulleres entendan as estructuras de poder e colaboren no cambio social.
A literatura é un instrumento, un altofalante, que serve para plasmar, denunciar e educar. Traballamos por ofrecer títulos que servan para a difusión e a reflexión tanto para persoas adultas como para o público infantil.
